Habia unha vez un rapaz que vivía moi as aforas dunha cidade chamada QUINISTA ; unha cidade onde todo o mundo se coñecía, menos aquel rapaz.Era un mozo de nome Marcos, era alto, de pelo moreno, e ollos cor mel . Vivía só porque antes vivira cos seus pais pero eles morreron nun acidente de coche e deixáronlle todo o seu diñeiro (que era moitísimo). Entón el tiña medo de que lle pasara algo coma os seus pais, decidiu non sair da casa, co diñeiro decidiu comprar todo tipo de diversións e montou unha sala de xogos máis grande ca súa casa e tamén decidiu coller unha árbore que era oca e facer unha casa dentro. Ao principio era divertido pero co tempo empezouse a sentir SÓ.Despois de moitos anos un dia pensou ir a cidade. Nela atopou ao seu mellor amigo da infancia. Ao velo ocorréuselle unha idea e falou con Lucas (o seu amigo da infancia ). Díxolle a Lucas que chamase a todos os seus amigos. Como planexaba estaban todos ali as oito da tarde, levou a todos a sua casa e estiveron ata a mañá do día seguinte. Durante todo ese tempo Marcos fixose amigo de todos e pasouno moi ben con todos eles, xogaron todos xuntos e pola noite estiveron na casa da arbore. Cando se foron todos, a Marcos deulle moita pena. Entón decidiu ir a cidade a visitar a todos. Ao día seguinte volviase a sentir só. Despertábase, almo rzaba, via a tele , lía , depois comía, botaba a sesta, lía, vía a tele, ceaba e íase durmir, fací todo só na súa casa, sen compaña de ninguén.
Marcos deuse conta de que non se podí vivir só porque necesitas a compaña da xente para todo. E decidiu ir vivir a cidade coa demáis xente, porque por ir a cidade non lle ía pasar nada malo. Dende entón vive na cidade con toda a demáis xente e cun traballo.
Marcos desta experiencia sacou a conclusión de que non se pode estar so na vida , porque necesitas amigos e persoas que te axuden
en todo e para que te fagan compaña e te divertas con eles.
FIN

Pareceme un conto estupendo
ResponderEliminarBy lliure