domingo, 9 de mayo de 2010

Un caso illado

Érase unha vez un home chamado Bob, que vivia nas aforas da vila menos poboada do mundo; ainda que era así tiña moitos edificios e tendas. Bob, non tiña moito diñeiro e estaba no paro, pois tiñalle medo a xente, e por iso, nin se molestaba en procurar traballo.
Bob, erguíase cedo, almorzaba na súa pequena cociña, subía o seu cuarto e vestíase coa sua roupa habitual, logo ia face-la compra; cando chegaba a tenda sempre miraba cara abaixo e non falaba con ninguén; despois, voltaba correndo a sua casa e fechaba as súas cinco fechaduras.
Un día, chamouno o seu curmán para dicirlle que lle atopara un traballo. Nun principio, Bob negábase e non quería ir, pero o seu curmán díxolle que senón lle gustaba lle dixera que non. Bob deuse de conta de que non lle prestaban mal uns cartos e decidiu probar. O traballo era de camareiro. A partires de entón foille perdendo o medo á xente e incluso trasladouse ao centro da vila. Logo perdeu completamente o medo.
Esta historia reflexa a vida dunha persoa miedosa, "marxinada" ainda que non tódalas veces rematan cun bo final.
Saúdos:pedro

No hay comentarios:

Publicar un comentario