viernes, 7 de mayo de 2010

SOIDADE

"Ola chámome Iván e vivo nunha pequena casiña , situada na costa siberiana.Non hai ningunha casa preto.Xa estou acostumado , pero a verdade síntome un pouco só.Na miña casa teño todo o que ten unha casa normal:unha cama , un baño , comida .....A comida que como a obteño dunha horta que teño preto da casa e pescando.Cando me levanto pola mañá sempre falo só , para conserva-la práctica da linguaxe.Almorzo eu só , prepárome un café e unhas tostadas e un vaso de zume de laranxa.Cando remato , recollo todo e voume pra horta , onde me sinto moi só e voto de menos á miña familia , que , por circunstancias extremas non poden vivirt comigo. O meu fillo ten unha enfermidade moi estrana , e ten que estar no hospital , por iso , a miña muller , vive cos seus pais na cidade , para poder visitalo todos os dias.Mentres traballo na horta , penso no meu fillo, o ben que o pasariamos xuntos....Ademáis diso teño que facelo todo eu só, ninguén vive preto e non me poden axudar.Tampouco teño veciños cos que falar.Pola tarde vou pra casa , onde me sento a ler.Cando me dou de conta xa é noite pechada.Voume pra cama e quédome a pensar na familia, nos amigos,a xente......Antes de que tiveramos que vende-la casa para pagar o tratamento do meu fillo, eu vivía na cidade.Cando me levantaba saudaba á miña muller que estaba almorzando e sentábame eu tamén a almorzar.Falábamos de moitas cousas, ríamos moito e o pasabamos moi ben. Cando o pequeno despertaba , e despois de almorzar, saiamos dar un paseo, mentres o lebábamos á escola.Ao mediodía , cando remataba a escola volviamos á casa a comer .Falábamos da escola.Pola tarde,eu lía e eles xogaban ou facían deberes.Cando anoitecía acostábamos ao pequeno e durmíamos nós tamén.Así era a miña vida , feliz.Un dia , cando estaba pescando apareceu un coche.Era a miña muller!Díxome que oneno estaba curado e que xa podían vir a vivir comigo.Aquel foi o dia máis feliz da miña vida!"

AS CONCLUSIÓNS QUE SE PODEN SACAR SON QUE VIVIR SÓ É MOI DIFÍCIL , PORQUE NON FALAS CON NINGUÉN DURANTE MOITO TEMPO E NINGUÉN PODE AXUDARCHE SE O NECESITAS.


Ricardo Alarcón Torres

No hay comentarios:

Publicar un comentario