sábado, 8 de mayo de 2010

A solitaria

Bo día eu chámome Ainhoa, vivo soa nun lugar moi afastado da cidade. Non me gusta estar rodeada de xente, por iso mudeime as aforas.Aquí vivo moito máis tranquila, ainda que sintome un pouco soa.Xa fai moito tempo que non me comunico cos meus parentes,  aproximadamente sete anos.As veces éntranme unhas gañas locas de volver a cidade pero recapacito e ao final nunca o fago.Isto de estar soa tanto tempo é moi aburrido,pero ten as suas vantaxes.Por exemplo: non hai quen acapare todo o sofá e a televisión,non hai tráfico nin normas...Agora vouvos contar un día da miña vida en solitario, como é e como o paso.


Hoxe é un precioso venres pola mañá, eu estou almorzando unhas torradas con leite, xa estou vestida, nada mais rematar de almorzar sain un pouco para fóra, fai moito calor e o sol dache diretamente na nuca, aiii que bo dia fai.O outro día plantei unhas bonitas rosaledas, están a crecer con bo ritmo, agora ía pola regadeira, está na casa, unha vez que teño a regadeira dispóñome a regar as rosaledas, e facendo agricultura pásome así toda a maña.Unha vez chegado o mediodia prepárome para xantar unha pequena tortilla de patacas e unha pequena ensalada.Cando rematei de xantar fun lavar os dentes,cando rematei fun un rato a ver a televisión.Acabeime durmindo e cando despertei xa era de noite, ceei rápido, lavei os dentes e acosteime.E eso para min e un día normal.

Un día con xente:

Ese día pola maña charlou toda a maña pasouno xenial, xantou unha comida incrible, e unha vez riu tanto que atragantouse, despois de xantar xogou a un xogo de mesa e as cartas,  pasóuselle o tempo voando, cando se deu de conta xa era de noite, ceou conversando cos demais e despois foi para cama.Foi o mellor día da súa vida.

Ao final decidiu voltar a cidade (cousa que alegrou moito aos seus parentes).



Conclusión:

Ninguén pode vivir sen outra xente, nós, os seres humáns, somos seres sociais e non nos gusta nada vivir sen compañia sexa quen sexa.



Feito por: Judith

No hay comentarios:

Publicar un comentario