"Eh... Non sei como comezar. Chámome... espera un intre, non recordo o meu nome! Vivo só, nun lugar moi afastado, sen amigos, sen familia, sen nada e ninguén ao que comunicarlle algo; nada. Só a miña cabeza, á cal lle conto todo o que me pasa. Espero non perdela a ela tamén. Un día para min é moi monotono. Esperto na miña choza de madeira incomunicada. Non fai falla que me vista porque só teño un pantalón e unha camiseta. Saio ao regato que teño en fronte e alí falo ou penso. Se falo sempre o fago có reflexo da miña cara no regato, o cal é como o meu irmán xemelgo. Se penso para mi mesmo sempre acabo chorando pensando en se terei nai ou pai, sexa onde sexa. Despois vou dar unha volta por.... sexa onde sexa que estou. Xa me sei o camiño de memoría, de tanto facelo. E volvo á casa, cando xa escurece. Nese intre collo unha especie de navalla e marco na parede un pauciño. Cada pauciño significa un día. Por agora levo...12,...67,....145... Un total de 267 días só neste lugar. Se non encontro outro ser humano vou perde-la cabeza.
Teño medo de non volver nunca, sexa onde sexa o lugar do que vin.(...)"
-Carlos!!!! Carlos, responde fillo!!!!
" Que?. Quen estaría berrando ese nome? Soaba a voz de muller.Esperteime coma un raio e saín da choza rapidamente para ver de onde viñan esas voces".
-Señora, xa lle dixémos que o seu fillo debeu de morrer, leva case un ano desaparecido.
-Non, Carlos é moi forte! Sei que está aquí!
-Tranquilí....
-Vostede non é quen para decirme que me tranquilice, é o meu fillo! CARLOS!!
"Escoitei esa conversación moi próxima e acerqueime sixilosamente as dúas persoas. Un home alto e forte miroume e comparoume co dunha foto. Parecíase a min o da foto."
-Señora, aquí está!!!
De súpeto unha muller maior que eu acercóuseme e déume unha aperta.
Recordeino todo. Onde vivía. O meu nome. A carreira que ía estudar. A miña nai!!
Ese abrazo foi o que me fixo recordar. Ese abrazo devolveume á vida.
Ola! Son Carlos López e gustariame comezar un diario pero polo Internet. Comecemos.
Día 1, 14 de febreiro do 2009
Hoxe é San Valentín, unha festa extranxeira que chegou a Galicia nada máis polo negocio, como non, pero non me importa, eu teño unha noiva e voulle regalar ás suas flores favoritas.
Levantome tarde, ás once da maña e chamo a Alberto, o meu amigo para quedar con él a tomar un café. Despois de iso, chamame miña nai. Ela queréme moito e me coida moito dende qu morreu o meu pai. Dime que teña cuidado ao conducir e que me quere moito.
X a cheguei á cafetería que me dixo Alberto e alí estaba él. Comezamos a discutir do fútbol, xa que él é do Madrid e eu do Barcelona. Sempre acaba todo nunha risa. Quedei a comer coa noiva pero antes tiña que comprar os caraveis. Antón, o floristeiro recomendoume unhas moi olorosas (pero das que olen ben, eh!).
Ana esperabame na entrada do restaurante e entregueille as flores. Ela doume uns bombons, dos que máis me gustan. Ao acabar de comer despedinme e fun en coche ata Santiago, onde vivía miña nai. Fun a visitala e tornei á casa as dez da noite, listo para ver o partido con Alberto, Antón e Juan.
Foi un día moi axetreado.
Conclusión
Nin tanto Carlos coma eu poderíamos vivir sen amigos, nin familiares, tan siquera sen enemigos. Todos necesitamonos uns a outros para afrontar os bos, os malos e todos os momentos xuntos.
Por Eduardo Aguirre
domingo, 9 de mayo de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario