domingo, 9 de mayo de 2010

SOA NA RAMA DUNHA ÁRBORE

Nome :Sandra
Apelidos: Sánchez Gallego
Anos: 35
Tempo: Dous meses e cinco días

Na rama dunha árbore hai unha pequena caseta de madeira. Cunha cama e una porta que vai dar ao almacen. Alí ten gardado de todo: comida, bebida, roupa…
Na cama esta durmindo Sandra, a única persoa que vive na selva .Ela despértase e faise o almorzo, vai ao río e nunha cascada preto da casa dúchase e vístese. Despois,ponse tumbada nunha pequena explanada que ten a practicar a obra de “Romeo e Xulieta” en tres idiomas diferentes:inglés,francés e galego.Come e pola tarde fai deporte.depende do día que faga fai un deporte ou outro;pode correr,facer flexións, pesas...
Pola noite pensa que podería estar facendo ese mesmo día coa súa familia e cos seus amigos na súa cidade:Washington.
O primeiro que faría e tomarse uns ovos fritidos e un café.Ás oito da mañá abriría a súa consulta de psicoloxía(cousa que vendríalle moi ben neste momento, xa que sufre algunhas enfermidades mentais).Á unha tiña unha hora para comer e volvería ao seu traballo que o acabaría ás catro da tarde.Ás catro e media tomaría outro café coa súa mellor amiga Jane.Logo, con ela faría a compra e ao mellor compraba nas mellores tendas de Washington.
O que quedaba de tarde a compartía cos seus fillos xemelgos e o seu marido falando dos problemas que tiñan e solucionandoos.A súa vida era marabillosa e a pensaba recuperar.
Hai que recoñecer que esta un pouco toula ,pois fala sola, xa que leva dous meses vivindo soa o por que é unha larga historia:
Sandra era ademais de psicóloga sabía manexar avionetas .Un día dirixíase a Perú pero a súa avioneta extraviouse e foi parar nunha selva situada en non sei onde.Buscou a saída pero non encontrou nada e se miraba ao horizonte era mais do mesmo.E aquí sego,na miña casa de madeira que encontrei, algo moi estrano.Pero o que menos entendo é como é posible que cada día encontro unha caixa de madeira que pon “SELVA B2”.Levo dous meses buscando unha explicación pero non a dou encontrado.
Ela vai durmir, está cansada.
Ao día seguinte, mentres ela vestíase á veira da cascada, un trozo de area caeuse, facendo un oco negro.Ela foi explorar ese inexplicable oco que se había formado.Nel escoitábase voces:”abriuse a entrada”, “Cerrade inmediatamente a entrada”;e cousas daquel estilo.Ela decidiu achegarse un pouco mais ata que veu unhas escaleiras.Sen pensalo apenas dous segundos baixou polas pequenas escaleiras e atopouse con un montón de xente coa boca aberta e totalmente inmóbiles excepto un que pulsou un botón e por un micrófono dixo:”selva B2 fracasada.”
Entón o entendeu todo.Faría uns tres meses na radio escoitou que estaban a punto de facer unha investigación da vida dunha persoa soa e que o mais apropiado era coller unha psicóloga elixida ao azar.”Ela era a escollida”.


Conclusión:A vida é mellor con persoas ao teu redor.

POR ELISA MARTÍNEZ

No hay comentarios:

Publicar un comentario