martes, 20 de abril de 2010

Que é ser cidadán?



As normas da cidade


Os primeiros humáns vivián en grupos menores pola necesidade de defenderse doutros seres vivos e axudarse mutuamente. Despois empezaron a contruir as primeiras cidades con muralla para defenderse dos perigos de fora.




E máis adiante, puxeron normas e leis para facilitar a convivencia. De este modo, a cidade conseguiu un modo de vida no que todos respetan os dereitos de todos. Calqueira persoa que viva nun país no que haxa leis e normas de convivencia merece ser chamado cidadán, todas as normas e leis naceron en cidades.




A palabra cidade


Todas as linguas teñen unha palabra para dicir cidade. Algunhas palabras extranxeiras mezcláronse coas nosas. As palabras latinas, urbs e civitas, mezcláronse coas nosas e delas saíron "urbanidade" e "civilización".


Urbanidade é o conxunto de leis que facilitan a convivencia entre nós. Quen non as cumpre queda excluído da comunidade. Todos os países teñen as mesmas normas de convivencia, co fin de evitar enfrontamentos entre nós.


En grego polis significa "cidade" desta palabra xerouse política que é a arte de gobernar.


Judith, Andrea e Julia
















No hay comentarios:

Publicar un comentario