miércoles, 14 de abril de 2010

O MEU AMIGO

A min paréceme que non existe o amigo perfecto. Todos teñen cousas malas e boas, pero cando unha persoa nos cae ben, ( paréceche simpático, divertido, gracioso...) somos xa os seus amigos. De todas formas, ninguén é perfecto.
Se tivera que escoller ao meu mellor amigo, o máis importante para mín sería que non me mentíse nin me criticase. Tamén, que me axude cando o necesito, cando teño problemas, estou triste... Gústanme moito as persoas que me fan rir, as persoas que son interesantes e cariñosas. Aparte, tamén as simpáticas, amistosas, carismáticas, xenerosas, detallistas...

O que mais me molesta son as persoas que sempre che están criticando e mentindo, e cando che ven, que fagan que son os teus amigos, cando en realidade, non o son. Odio ese tipo de persoas.

O que menos me importa é o físico porque, sexa como sexa, con tal de que me caia ben, faise amigo mío.

Andrea Rey

1 comentario: