domingo, 18 de abril de 2010

O MEU AMIGO

A mín gustaríame que ao meu amigo lle gustasen todos os deportes agás a natación e que o seu deporte favorito fose o fútbol. Tamén me gustaría que fose sinceiro, simpático e alegre e que lle gustasen os xeados, a pasta, o chocolate, a pizza e o leite. Gustaríame que lle gustasen os xogos de acción e de moita violencia como o San Andreas e que os seus progamas da televisión preferidos fosen "Que vida máis triste", "The Simpsons", "O Intermedio" e "O mentalista" para así poder sentar xuntos a velos e comentar as cousas que pasan neles.
Encantaríame poder pasar tardes enteiras xogando ao fútbol con el nunha pequena praza e poder sentarnos nun banco cun xeado cando xa estiveramos cansos.
Gustaríame que fose unha persoa faladora que tivera sempre un tema interesante de conversación, xa que non aturo os silencios.
Non me importaría que soubese pescar, para así poder ensinarme e ir xuntos unha vez a semá no verán a un pequeno porto no que sentarnos a esperar a que algún peixiño pique mentres falamos de cousas que teñen unha gran importancia para nós.
Escrito por Diego Novegil Estévez

1 comentario:

  1. Un manual moi detallado do que hai que facer para ser amigo teu foi o que escribiches. Ábstéñanse nadadores!

    ResponderEliminar